O lume purificador do magosto (11-11-2003)
Esta fin de semán toda a provincia de Ourense viviu un ano máis a tradicional festa do magosto onde por suposto non falta o viño novo, os chourizos asados, as castañas, a alegría, o bo humor, a fraternidade... Tódalas comarcas inundáronse de fogatas e enchéronse do aroma da madeira queimada reunindose entorno o lume. Os concellos aproveitaron tamén a fin de semán para honrar a “San Martiño” e convocar ós parroquianos a esta festa que conta con moitos adeptos a pesar das temperaturas da época.
|