Castellano · Galego
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas
· Axenda

· Lugares
· Arquitectura
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e Hostais
· Apartamentos
· Turismo rural
· Campismo

· Restaurantes

· Estación de Montaña

· Historia
· Persoeiros
· Literatura
· O Viño

· Mapas

· En Manzaneda
· En Galicia

· Webcam - Portomarín
· Webcam - Manzaneda
· Webcam - Ourense Fixa
· Webcam - Ourense Móbil
· Fondos de escritorio

· A Peroxa
· A Pobra do Brollón
· A Teixeira
· Baños de Molgas
· Carballedo
· Castro Caldelas
· Chandrexa de Queixa
· Chantada
· Esgos
· Maceda
· Manzaneda
· Monforte de Lemos
· Nogueira de Ramuín
· O Saviñao
· Pantón
· Paradela
· Pereiro de Aguiar
· Portomarín
· Quiroga
· Ribas de Sil
· Sober
· Taboada
· Xunqueira de Espadanedo

· Finisterrae.com
· Rías Baixas

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 21/01/2018
     ESGOS
As terras de Esgos son coñecidas por acoller o eremitorio conservado máis antigo e orixinal de Galicia, pero tamén por ser cuna dunha importante artesanía tradicional representada por cesteiros, alfareiros e sobre todo polos seus célebres 'afiadores'
Un monumento único en toda Galicia

O mosteiro e eremitorio de San Pedro de Rochas posúe un carácter especial entre todo o patrimonio galego. Por un lado, a súa orixe remontase aos inicios do cristianismo e da vida monástica en Galicia. Por outra parte, resulta orixinalmente integrado no seu entorno, ao servirse dunha montaña como elemento condicionante de toda a súa estructura.

O mosteiro data do año 573 e aparece estreitamente relacionado ao evanxelizador da época sueva San Martiño Dumiense. Por tanto, foi un dos primeiros da ‘Rivoyra Sacrata’ e é moi probablemente o máis antigo conservado de Galicia e un dos de Europa. En 1923 foi declarado monumento histórico-artístico.
O singular conxunto de S. Pedro de Rochas consta de tres naves excavadas no interior dunha descomunal rocha do Monte Barbeirón. Pénsase tamén que a ubicación das tres naves no interior da xigantesca pedra resultou do aproveitamento de covas xa poboadas na antigüidade. Características de notable orixinalidade son o seu campanario situado sobre unha peña exterior ou os seus arcos labrados nos mesmos muros. De valor incalculable son as súas representacións paleocristianas da Diáspora Apostólica e os seus famosos sarcófagos de forma antropoide, excavados na mesma rocha que serve de pranta á edificación.

Tamén en Rochas encontramos o Pazo da Coutada, un dos máis interesantes e mellor conservados da comarca.

Terra de artesanía e oficios tradicionais

Xunto coa veciña Xunqueira de Espadañedo, Esgos é unha terra de alfareiros, concentrando a maior parte dos artesáns e tendas no Alto do Couso. Chamada ‘Alfarería de Niñodaguia’, amosa unhas características semellantes ás de Buño, Bonxe ou Mondoñedo, empregando o torno rápido de dúas pezas e un innovador proceso de vidriado da cerámica. As súas creacións abarcan dende diferentes figuras decorativas como hórreos cruceiros ata útiles de gran orixinalidade como cuncas, xerras, tarteiras, chocolateiras ou ataños para as queimadas.

Asimesmo, Esgos é terra por excelencia dos míticos afiadores, dos que queda algún adicado a iste oficio na comarca e aínda recorda a súa propia xerga, o Barallete. Outros oficios tradicionais que floreceron en Esgos e que perviven en mans dos seus artesáns son os de zoqueiro, cerralleiro, baquilleiro, cesteiro, cordeiro e albardeiro, autor iste último de aparellos relacionados coa monta a cabalo.

Tradicional nista terra é tamén a elaboración de diferentes doces a base de castañas, que teñen o seu día grande na celebración dun gran Magosto a mediados de Novembro.

Oferta recreativa

Os arredores do mosteiro de Rochas resultan ideais para a práctica da escalada, mentras para a realización de rutas de sendeirismo es altamente recomendable a chamada ‘Ruta da Calzada Romana’, próxima á vila de Esgos e adecuadamente sinalizada.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.

Contidos relacionados
 




· Centro Comercial

· Ano 2003
· Ano 2004
· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Año 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011


info@ribeirasacrata.com
Tlf.: 902 23 31 31
By Abertal ©