Castellano · Galego
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas
· Axenda

· Lugares
· Arquitectura
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e Hostais
· Apartamentos
· Turismo rural
· Campismo

· Restaurantes

· Estación de Montaña

· Historia
· Persoeiros
· Literatura
· O Viño

· Mapas

· En Manzaneda
· En Galicia

· Webcam - Portomarín
· Webcam - Manzaneda
· Webcam - Ourense Fixa
· Webcam - Ourense Móbil
· Fondos de escritorio

· A Peroxa
· A Pobra do Brollón
· A Teixeira
· Baños de Molgas
· Carballedo
· Castro Caldelas
· Chandrexa de Queixa
· Chantada
· Esgos
· Maceda
· Manzaneda
· Monforte de Lemos
· Nogueira de Ramuín
· O Saviñao
· Pantón
· Paradela
· Pereiro de Aguiar
· Portomarín
· Quiroga
· Ribas de Sil
· Sober
· Taboada
· Xunqueira de Espadanedo

· Finisterrae.com
· Rías Baixas

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 20/04/2018
     PARADA DO SIL
Se Parada do Sil está aí é para que o Sil transcorra manso polo seu bravo e descomunal cañón. Á súa beleza natural sumase o seu rico patrimonio, un dos máis relevantes da Ribeira Sacra
Ampla oferta lúdica e turística

As zonas do Cañón do río Mao e a súa desembocadura no Sil son ideais para o simple baño así como para a práctica de deportes fluviais. Entre as pontes de Couceliñas e Forcas existe a posibilidade de baixada do río Mao en piragua ou realizando rafting.

A zona do Cañón do Mao tamén resulta apta para a práctica da escalada. Xa na súa confluencia co Sil, encontramos a praia fluvial de Barxacova. Dende alí recomendase seguir a excepcional ruta de sendeirismo que leva ao mosteiro de Santa Cristina. Asimesmo, merece a pena unha visita á aldea de Rabacallos, cuxo núcleo arquitectónico é conxunto histórico-artístico.

A vista é única dende o magnífico mirador sobre un impresionante meandro do Cañon do Sil, no lugar chamado ‘Los Balcones de Madrid’, situado entre Rabacallos e Santa Cristina.

Esplendor medieval ao abrigo do Cañón do Sil

Como en toda a chamada ‘Rivoyra Sacrata’ as paraxes montañosas de difícil acceso de Parada do Sil ofreceron a monxes e outras xentes un refuxo axeitado ás invasións de árabes e vikingos. Istos parecen ser capítulos decisivos nas oríxes do seu magnífico mosteiro de Santa Cristina, situado nunha pequeña península cuberta de espesos bosques de castaños que sobresae no medio do curso encañonado do Sil.

Pénsase que a súa primeira fundación puido estar relacionada co evanxelizador dos Suevos San Martiño Dumiense, aínda que o actual mosteiro data d século IX. No seu esplendor, recibiu os favores de reis galegos como Fernando II e Afonso VII e chegou a posuir terras na outra ribeira do Sil, en Monforte e O Saviñao. Despois de diferentes bulas papais que reformaron a igrexa galega quedou reducido a simple priorato e decaeu ata a súa recente potenciación como destino turístico.

O mosteiro de Santa Cristina conserva a práctica totalidade do seu conxunto, destacando a nave da singular igrexa, con seu magnifico rosetón, as súas lápidas funerarias e as súas cruces celtas, amosando o seu primitivo cristianismo de características populares e pagás. A súa torre de influencia compostelá sobresae entre todo o bosque de castaños e a ornamentación dos capiteis románicos mostra a súa orixinal policromía.

Do mosteiro de Santa Cristina parten tamén diferentes rutas polo Cañón do Sil de gran interese lúdico e paisaxístico, así como moitas das rutas do catamarán.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Mosteiro de Santa Cristina >>

Contidos relacionados
 




· Centro Comercial

· Ano 2003
· Ano 2004
· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Año 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011


info@ribeirasacrata.com
Tlf.: 902 23 31 31
By Abertal ©