Castellano · Galego
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas
· Axenda

· Lugares
· Arquitectura
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e Hostais
· Apartamentos
· Turismo rural
· Campismo

· Restaurantes

· Estación de Montaña

· Historia
· Persoeiros
· Literatura
· O Viño

· Mapas

· En Manzaneda
· En Galicia

· Webcam - Portomarín
· Webcam - Manzaneda
· Webcam - Ourense Fixa
· Webcam - Ourense Móbil
· Fondos de escritorio

· A Peroxa
· A Pobra do Brollón
· A Teixeira
· Baños de Molgas
· Carballedo
· Castro Caldelas
· Chandrexa de Queixa
· Chantada
· Esgos
· Maceda
· Manzaneda
· Monforte de Lemos
· Nogueira de Ramuín
· O Saviñao
· Pantón
· Paradela
· Pereiro de Aguiar
· Portomarín
· Quiroga
· Ribas de Sil
· Sober
· Taboada
· Xunqueira de Espadanedo

· Finisterrae.com
· Rías Baixas

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 22/07/2018
     O SAVIñAO
Testigos da proliferación de dolmes, castros e mosteiros, as terras de O Saviñao reciben o suave clima do Miño nas fértiles ladeiras donde maduran os prestixiosos viños da Ribeira Sacra
Parque artístico e natural

O Saviñao constitue en si mesmo un auténtico museo arqueolóxico, ao mesmo tempo que unha terra de singular beleza natural. Dos seus máis de 10 dolmes resulta de especial interese o de Abuime, considerado un dos maiores de Galicia. Pola súa parte, dos máis de 27 castros repartidos pola súas terras cabe destacar os de Freán, Corbeixe e Vilatán.

Os numerosos cursos fluviais descenden dende alturas superiores aos 600m cara ao Miño conformando pequenas ribeiras montañosas ideais para a pesca. Os cotos existentes nos ríos Sardiñeira e Saviñao son especialmente recomendados para esta práctica pola excelente calidade das súas troitas.

Próxima ao Sardiñeira, a parroquia de Xuvencos acolle súa fermosa igrexa románica e a súa Torre, único resto dun castelo pertencente á familia dos Ulloa e derrumbado durante as Guerras Irmandiñas. Sorte similar sufriu a Torre da Casa-forte da Candaira, na parroquia de Rebordaos. Próximas ás augas do Saviñao, encóntranse dúas xoias do románico galego: as igrexas de Seteventos e Marrube, ambas do século XII. A segunda conserva importantes pinturas góticas.

Terra de excelentes viños

No meandro que o Miño forma cerca de Escairón o viño é a forma de vida. A paisaxe de bancais tinxdos pola vide é particularmente atractivo nas ribeiras próximas a Diomondi. Alí existen varias bodegas dedicadas á elaboración dun dos Viños da Ribeira Sacra, o chamado da Ribeiras do Miño. As súas variedades principais de uva branca son o Godello e o Alvariño, mentras que entre as de tinto destacan a Mencía ou a Garnacha, entre outras.

Xa na Idade Media, os monxes dos mosteiros de Diomondi e do desparecido de San Agustín, en A Cova, estaban dedicados á colleita dos excelentes caldos distas terras. Foi en boa parte gracias ao esmero monacal que o viño se convirtiu nun dos principais sectores da Galicia medieval e o seu comercio foi protagonista de excepción do tráfico fluvial entre os mosteiros e as poboacións ribeireñas. Na actualidade, cunha Denominación de Orixe recentemente creada, divisase un prometedor futuro para os cada día máis prestixiosos viños da zona.

Terra de mosteiros da Rivoyra Sacrata

O antigo mosteiro de San Vitorio de Ribas de Miño, do que tan só se conserva a súa igrexa románica, aparece estreitamente ligado ao eremitorio e ao castro situados nas súas proximidades. Pola súa parte, o de Santo Estevo de Ribas de Miño, aínda amosa orgulloso a súa esplendorosa igrexa románica, cuxo pórtico e rosetón atribuíronse máis dunha vez ao propio Mestre Mateo, autor do Pórtico da Gloria da Catedral de Compostela.

Seguindo o curso do Miño cara Diomondi, encontramos o antigo Mosteiro de San Pelaio de Diomondi, que foi en tempos un dos máis relevantes da Rivoyra Sacrata. A súa primeira noticia data do ano 954 e foi consagrado ao xove mártir galego Pelaio, sobriño do Obispo de Tui. Tras a súa decapitación en Córdoba, os restos do rapaz foron conservados como reliquias, chegando a noticia do martirio ás letras da benedictina alemana Roswitha.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.

Contidos relacionados
 




· Centro Comercial

· Ano 2003
· Ano 2004
· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Año 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011


info@ribeirasacrata.com
Tlf.: 902 23 31 31
By Abertal ©