Na alta montaña ourensá e formando parte do complexo de esquí de Manzaneda, as terras de Trives constituen unha ampla oferta de posibilidades lúdicas e un poxante destino do turismo rural
Unha montaña chea de posibilidades
Trives disfruta dunha privilexiada situación: entre as montañas que forman o encaixado val do Sil e os máis altos cumios das serras de Queixa, con cumios como Cabeza de Manzaneda (1.778m.) e O Seixo (1.707m.). Partes notorias da súa paisaxe e cheas de posibilidades son os ríos Bibei e Navea.
O feito de ser o principal acceso á Estación de esquí de Manzaneda e de contar cun sector turístico en alza convierte a Trives nun obrigado punto de referencia das actividades de montaña en Galicia. Manzaneda non só resulta recomendable para o esquí ou a práctica do snowboard, senón tamén, e durante todo o ano, para outras actividades como o sendeirismo, a escalada, a espeleoloxía e o parapente.
Xunto a todo isto é recomendable un paseo polo Trives vello, antiga Nemetóbriga e capital do pobo celta dos Tiburios, que conserva importantes restos históricos.
E por suposto, hai que destacar que Trives é o lugar de orixe do mantecado ou bica máis famoso de Galicia.
Os espazos naturais dos ríos Navea e Bibei
Na veigas dos ríos Bibei e Navea medra unha desbordante e prodixiosa natureza, rica en especies vexetais e diversas aves. Por elo, as diferentes rutas de sendeirismo realizables son de especial interese para o naturista ou o ornitólogo. Tanto o río Navea como o Bibei resultan ideais para a pesca da troita ou o simple paseo polos seus sorprendentes espacios naturais, cheo de perspectivas impresionantes.
De camiño cara o Navea podemos encontrar ao noso paso calquera dos seis pazos que, como o de Barbeirón ou o do Marqués de Trives salpican ista ruta. Sobre as súas augas áchanse a súa ponte romana, parte da romana Vía VII do Itinerario Antonino, que antigamente atravesaba istas terras en dirección a Astorga.
No caso do Bibei, atravesado pola súa ponte romana declarada monumento nacional Son tamén de recomendable visita, pola súa proximidade, a mina romana de Montefurado e o impresionante Santuario das Ermidas, nas terras de O Bolo.