Castellano · Galego
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas
· Axenda

· Lugares
· Arquitectura
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e Hostais
· Apartamentos
· Turismo rural
· Campismo

· Restaurantes

· Estación de Montaña

· Historia
· Persoeiros
· Literatura
· O Viño

· Mapas

· En Manzaneda
· En Galicia

· Webcam - Portomarín
· Webcam - Manzaneda
· Webcam - Ourense Fixa
· Webcam - Ourense Móbil
· Fondos de escritorio

· A Peroxa
· A Pobra do Brollón
· A Teixeira
· Baños de Molgas
· Carballedo
· Castro Caldelas
· Chandrexa de Queixa
· Chantada
· Esgos
· Maceda
· Manzaneda
· Monforte de Lemos
· Nogueira de Ramuín
· O Saviñao
· Pantón
· Paradela
· Pereiro de Aguiar
· Portomarín
· Quiroga
· Ribas de Sil
· Sober
· Taboada
· Xunqueira de Espadanedo

· Finisterrae.com
· Rías Baixas

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 22/07/2018
     SOBER
Ao abrigo das pronunciadas ladeiras do Cañón do Sil, reciben os coidados do sol as vides de Amandi que foran loubadas por romanos e suevos dende a antigua Proentia celta, unha das cidades máis importantes da antiga Gallaecia.
O Viño de Amandi: noble historia

As ladeiras da marxe dereita do Sil resultan especialmente aptas para o cultivo do viñedo por estar orientadas ao mediodía e recibir o suave clima da Ribeira Sacra con toda a forza do sol. Xa en época de celtas e romanos o Viño de Amandi era descrito nas crónicas como o ouro líquido do Sil. Durante os séculos de esplendor dos mosteiros da Rivoyra Sacrata, a dedicación dos monxes á elaboración diste viño levouno a ser unha das bases da economía medieval de Galicia e protagonista de excepción do intenso tráfico fluvial que navegaba istas espectaculares ribeiras do Sil.

Actualmente, as terras de Sober seguen sendo cuna dun dos máis valorados viños de Galicia. Cunha Denominación de Orixe da Ribeira Sacra creada nos últimos anos e cun prestixio en alza, a calidade distos magníficos caldos asegura un futuro prometedor para os Viños de Amandi. Istos teñen o seu día grande na Feira do viño de Amandi, celebrada o Domingo de Ramos. Asimesmo, merece a pena unha visita ás bodegas tradicionais da Casa Rectoral de Amandi.

Alfarería tradicional e industria do cobre

O ‘Forno de Alfariero’ de Gundivós é claro testigo da relevancia dista parroquia como un dos centros máis representativos das tradicións alfareiras de Galicia. En parroquias como Canaval, Sober e a propia de Gundivós aínda hoxe continúan a súa labor algunhas empresas dedicadas á produción tradicional de tella e ladrillo, así como a súa admirada alfarería tradicional. Ista presenta unhas creacións do tipo de útiles como xerras, cuncas, potas, etc. de marcado gusto popular e orixinal deseño.

Tamén en Sober existe unha industria dedicada ao traballo do cobre. Nelas dase forma a moitos dos alambiques e alquítaras onde se preparan os deliciosas cañas típicas dista comarca e que, en moitos casos, comparten co viño a prestixiosa uva de Amandi.

Arte sacro, paisaxe natural e romería

Unha das mellores maneiras de achegarse á acolledora paisaxe do Cañón do Sil é visitar as igrexas e capelas situadas no cumio das súas ladeiras, que constituen excelentes miradores naturais dende os que disfrutar, xunto coa panorámica, de tradicionais romerías. Así, de oeste a este ofrecenos a súa arte sacra, a súa festa e a súa paisaje os santuarios da Virxe de Cadeiras, o de Pinol, e os de San Pedro e Amandi, ambos na parroquia de Amandi.

A antiga cidade de Proentia

A parroquia de Proendos conserva numerosos vestixios dun fecundo pasado como núcleo urbán que, a partir do mesmo castro celta de Proendos, deu orixe á vella cidade de Proentia. Debido a súa proximidade ás fértiles terras de Amandi e as minas romanas do ouro do Sil, foi elevada á categoría de pequenaa capital comarcal polos romanos e máis tarde tamén polos suevos. Cabe destacar parte do muro que rodeaba a cidade que aínda segue en pé, así como os restos dalgunhas casas, especialmente algunhas de pranta circular de gran diámetro.

Existen tamén en Proendos, entre os moitos localizados no municipio, ata tres conxuntos de petroglifos: os de Pena das Portelas, os de Coviñas dos Toxos e os de Xestal, así como un dolme, a Medorra de Mer. Antes de deixar tan mítico emplazamento, merece a pena unha visita á románica igrexa de Proendos, que conserva un gran número das súas pinturas murais.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.

Contidos relacionados
 




· Centro Comercial

· Ano 2003
· Ano 2004
· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Año 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011


info@ribeirasacrata.com
Tlf.: 902 23 31 31
By Abertal ©