Castellano · Galego
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas
· Axenda

· Lugares
· Arquitectura
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e Hostais
· Apartamentos
· Turismo rural
· Campismo

· Restaurantes

· Estación de Montaña

· Historia
· Persoeiros
· Literatura
· O Viño

· Mapas

· En Manzaneda
· En Galicia

· Webcam - Portomarín
· Webcam - Manzaneda
· Webcam - Ourense Fixa
· Webcam - Ourense Móbil
· Fondos de escritorio

· A Peroxa
· A Pobra do Brollón
· A Teixeira
· Baños de Molgas
· Carballedo
· Castro Caldelas
· Chandrexa de Queixa
· Chantada
· Esgos
· Maceda
· Manzaneda
· Monforte de Lemos
· Nogueira de Ramuín
· O Saviñao
· Pantón
· Paradela
· Pereiro de Aguiar
· Portomarín
· Quiroga
· Ribas de Sil
· Sober
· Taboada
· Xunqueira de Espadanedo

· Finisterrae.com
· Rías Baixas

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 21/01/2018
     MONFORTE DE LEMOS
A que fora capital dos celtas Lemavos foi protagonista de célebres episodios do Reino de Galicia, aumentando o seu poder parellamente ao de unha linaxe, o dos Condes de Lemos. Hoxe ‘Monte Forte’ é capital dunha extensa comarca e decisivo nó de comunicacións de Galicia.
O conxunto monumental San Vicente do Pino

O cumio que vixía sobre todo o Val de Lemos acolle un conxunto único formado por edificios de gran valor histórico e artístico. A Torre da Homenaxe, de catro pisos e almenado mirador é tamén un museo excelentemente acondicionado. Asimesmo, encontramos alí o Mosteiro de San Vicente, que conta con exposicións de importantes restos arqueolóxicos e valiosas mostras de arte barroco. Finalmente, o Pazo dos Condes de Lemos foi residencia da noble familia galega e conservaba antes do incendio sufrido no século XVIII tapices e cadros de autores como Tiziano, Rafael ou El Greco.

Tamén a muralla que rodeaba o castro conserva importantes partes como a Porta Nova, cos seus blasóns nobiliarios en mármore, a da Alcazaba ou Porta da Cadea Vella, anexa á chamada Torre Pequena. En torno á muralla encuentranse algunhas das rúas vellas e casas nobiliares do casco vello monfortino. De marcado sabor medieval son as "rúas" da Cadea Vella, a dos Fornos ou a do Burato, mentras algunhas casas nobles e blasonadas como a dos Ribadeneira ou os Quiroga amosan a peculiar arquitectura civil do barroco monfortino.

O 'Monte Forte'

A terra de Lemos aparece dende antiguo ligada ao pobo celta dos Lemavos, palabra da que se deriva o actual nome de Lemos e que significaría val chan e fértil. Según historiadores gregos e romanos daquela época, os Lemavos tiñan a súa capital no chamado Castro Dactonium, que ocupaba certamente o actual cumio de San Vicente, onde se ergue hoxe o Castelo dos Condes de Lemos.

No século VIII o xa cristianizado Castro Dactonio resultou destruido nunha incursión árabe xunto cos mosteiros de Atán e Sta. María de Amandi. Sábese tamén por documentos medievais que sobre os restos do castro foi construido o mosteiro de San Vicente do Pino.

No século XII, o Conde de Galicia García de Borgoña e a Raíña Dona Urraca conceden a Froila Díaz, da Casa dos Lemos a refundación da cidade aos pes do Castro Dactonio e apruebase a carta de pobra para que a vila prosperase e fose centro dun gran mercado agrícola e gandeiro. Así, ao redor de San Vicente medra unha esplendorosa cidade medieval que recibirá os privilexos de varios reis galegos como Fernando II, sufrirá episodios convulsos como as dúas Guerras Irmandiñas, acollerá unha importante colonia xudía e será cuna dunha das máis poderosas familias nobles de Galicia.

Terra fértil e dinámica

A terra de Lemos ocupa unha depresión de terreo chan e fértil atravesada polo río Cabe. As diferentes elevacións que constituen os seus límites norte sur baixan ata as aguas do Sil en pronunciada pendente, formando parte da marxe dereita do Cañón do Sil. Lemos tamén é unha terra vinícola, cuxos viños forman parte da Denominación de Orixe dos Viños da Ribeira Sacra.
A vila de Monforte, capital comarcal e eixe de comunicacións ferroviarias de Galicia, foise formando ao redor dun cumio que sobresae en medio do seu val. Debido a súa situación estratéxica constituiu un privilexiado asentamento de mosteiros, fortificacións e outros edificios nobles ao longo da súa dilatada historia.
Monforte celebra importantes festas como os Magostos e os Maios. Outras citas de enorme interese son a Feria de Mostras do Val de Lemos (agosto) e a Semana Micolóxica Galega (novembro)

Convento das Clarisas

Fora do recinto amurallado de San Vicente do Pino, atravesamos o río Cabe pola Ponte Vella, de orixe romano, para encontrar o Convento das Clarisas. O seu Museo Sacro é un dos máis importantes da península e expone un dos famosos cristos xacentes de Gregorio Fernández. Baixando o curso do Cabe, rodeado polo Parque dos Condes e o Xardín da Compaña, está o magno edificio do Colexo de Nosa Señora a Antiga. O seu interior amosa un fermoso retablo de Francisco de Moure e o seu museo conta con varios cadros de El Greco que son dignos de admiración.

Fora da villa, as posibilidades de apreciar patrimonio histórico-artístico monfortino incluen unha ampla oferta monumental, entre a que cabe destacar o Pazo o Casa Grande de San Xulián de Tor.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
San Vicente do Pino >>

Contidos relacionados
 




· Centro Comercial

· Ano 2003
· Ano 2004
· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Año 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011


info@ribeirasacrata.com
Tlf.: 902 23 31 31
By Abertal ©